Pon un pé no mercado laboral
Onte martes 7 de febreiro entre as 10:30 e as 14:00, tivo lugar no noso salón de actos a derradeira das actividades das Xornadas de Orientación Laboral e Emprendemento, organizadas dende o Departamento de Orientación para todo o alumnado de segundo.
Nesta ocasión os relatorios agrupáronse baixo o título de PON UN PÉ NO MERCADO LABORAL e neles participaon:
- 10:30 Mónica Ahijado Consultora de traballo temporal e selección de Manpower.
- 11:30 Rosa Villar Coordinadora da área de emprego e prácticas da FUAC.
- 12:00 Raúl Aneiros Vicedirector do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro e coordinador da bolsa de emprego do centro.
- 13:00 Forzas armadas Sección de Recrutamento e Integración.
Nesta xornada asistiu como público alumnado de segundo curso que está a piques de acabar o seu ciclo, polo que seguro lles resultou de grande axuda á hora de resolver dúbidas e encamiñar as súas accións cara á súa inserción no mercado laboral.
Velaí fotos da actividade:





