Na mañá do pasado mércores día 15 de febreiro, o noso centro participou na cuarta edición das Xornadas de Orientación Académica e Profesional de Ferrol e Comarca que se celebrou no Auditorio.
As seis familias profesionais dos ciclos que impartimos no Ucha amosáronlle ao numeroso público asistente , cal é a nosa oferta educativa e mais algunha das habelencias que podería adquirir aquel futuro alumnado que nos escolla para a súa formación.
Moitísimas grazas a todas as persoas involucradas polo traballo desenvolvido para promover o noso centro e as súas ensinanzas.
Deseguido podedes ver algunha fotografía que nos chegou do profesorado que acudiu ás xornadas e mais da actividade que desenvolveu a familia profesional de Comercio e Márketing, en concreto o alumnado de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, para amosar o proceso de creación de fotografías cara á venda dun produto:







