OBRADOIRO: XOGAMOS AO CANVAS
O pasado xoves 14 de outubro celebrouse no salón de actos do noso centro, un obradoiro de CANVAS no que se analizou a idea de negocio dun alumno voluntario do CS de Administración e Finanzas. Baixo o nome de Xogamos co CANVAS participou, e de xeito moi activo, o alumnado da familia profesional de Administración e Xestión e de Comercio e Márketing na quenda de tarde, e o alumnado dos segundos cursos dos ciclos superiores de Administración e Finanzas, de Guía, Información e Asistencia Turísticas e mais de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, na quenda de mañá.
Velaí algunhas fotos do acto, tanto da mañá coma da tarde, no que utilizando unha metodoloxía grupal e participativa, identificáronse ideas de negocio e analizáronse cada un dos apartados do CANVAS coma se fose un xogo :