O día 18 de novembro de 18:15 a 20:15 e o día 19 de 13:00 a 15:00 tivo lugar a 1ª xornada de introdución á eficiencia enerxética. Está enmarcada dentro do plan Proxecta+ no que está a participar o noso centro. A estas xornadas asistiron os grupos de 2º de DAW en horario de tarde e 2º de SMIR en horario de mañá.
Explicáronse temas como o funcionamento das certificacións enerxéticas en vivendas e electrodomésticos, cales son os sistemas de iluminación máis eficientes, as diferentes partes dunha factura da luz para conseguir entendela, ademais de ofrecer numerosas recomendacións de aforro enerxético que axudarán aos nosos alumnos tanto na súa vida persoal como laboral.