Os grupos de 1º e 2º do “CS Ensinanza e animación sociodeportiva” imparten unha xornada de actividades físico-deportivas ao alumnado de FP básica de “Informática de oficina”, co fin de promover a práctica deportiva e adquirir uns hábitos saudables.
Nas fotos que acompañan esta nova amósanse exemplos das actividades realizadas como son os xogos de retos motores para mellorar a cohesión grupal e o traballo das capacidades físicas básicas e habilidades motrices a través dos diferentes deportes.