O vindeiro xoves 3 de febreiro, ás 10:40h para o alumnado de réxime ordinario (mañá) e as 18:15h para o alumnado de réxime modular (tarde) terá lugar a xornada Actúa-Igpae. A súa duración será de 90 minutos e realizarase no noso salón de actos.

Esta acción establécese dentro do ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), e é un dos varios programas de EduEmprende nos que participa o noso centro.

O obxectivo deste evento é achegar a realidade emprendedora ao alumnado coa presenza dunha técnica do IGAPE e de varios emprendedores (algúns ex-alumnos) das diferentes familias profesionais que se imparten no Rodolfo Ucha.

Programa previsto para a sesión de mañán:

  • Intervención de Verónica Rodríguez Ruzzo, en representación do IGAPE.
  • Intervención de Yoel Padín, ex-alumno do centro, recente titulado en xuño de 2021, que puxo en marcha un proxecto de éxito: A tenda “Desexos”, de roupa “curvy”,en pleno centro de Ferrol.
  • Intervención de Luis González Rey, presidente de Aje Ferrolterra e emprendedor. Xerente de Error Ferrol.

O alumnado convidado a participar nesta xornada é o de 2º curso dos ciclos: CM de Sistemas Microinformáticos e Redes, CM de Actividades Comerciais, e CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais.


Programa previsto para a sesión de tarde:

  • Intervención de Verónica Rodríguez Ruzzo, en representación do IGAPE.
  • Intervención de Sonia Díaz, ex-alumna do centro, cun interesante proxecto de deseño de páxinas web “freelance”, que amosará como as redes de colaboración son prioritarias á hora de emprender. Acompañaraa a súa socia nesta aventura, Mónica Saavedra, e darán a coñecer os detalles do seu contrato de colaboración.
  • Intervención dun emprendedor relacionado coas novas tecnoloxías e a ciberseguridade. (Pendente de confirmar)

O alumnado convidado a participar neste encontro é todo o de réxime modular do CS de Administración e Finanzas, alumnado do CS Desenvolvemento de aplicacións web e alumnado do Curso de especialización en Ciberseguridade en Contornos das Tecnoloxías da Información.