Un ano máis, poñemos en marcha o xa tradicional concurso de microrrelatos en lingua galega do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, que acada con esta a súa XI edición.
Nun máximo de 150 palabras, e en menos quizais, agardamos as vosas grandes historias que nos fagan pensar, rir, chorar, temer, abraiar, …, que nos emocionen en definitiva e que amosen a vosa creatividade e os vosos dotes de expresión escrita en lingua galega. Son válidos os microrrelatos escritos en prosa, poesía, teatro, fábula, conto, ensaio, …, calquera xénero.
Hai unha terceira condición: o microrrelato debe conter en calquera parte do mesmo a frase “… ultramarinos de barrio…”
Para participardes, tedes que enviar as vosas propostas dándolles un título e baixo pseudónimo ao enderezo de correo electrónico loissm@cifprodolfoucha.es. O prazo para facer o envío remata o 22 de marzo de 2024 ás 23:59h.
Animádemos a participar! Poderedes gañar até 200 euros de premio!