Un ano máis, poñemos en marcha o xa tradicional concurso de microrrelatos en lingua galega do CIFP Rodolfo Ucha, que acada con esta a súa X edición.
Nun máximo de 150 palabras, e en menos quizais, agardamos as vosas grandes historias que nos fagan pensar, rir, chorar, temer, abraiar, …, que nos emocionen en definitiva, e que amosen a vosa creatividade e os vosos dotes de expresión escrita en lingua galega. Vale prosa, poesía, teatro, fábula, conto, ensaio, …, calquera xénero.
Hai unha terceira condición: o microrrelato debe conter en calquera parte do mesmo a frase “… o saber é…”
Para participardes tedes que enviar as vosas propostas dándolles un título e baixo pseudónimo ao enderezo de correo electrónico galego.cifp.rodolfo.ucha@edu.xunta.gal. O prazo remata o 27 de marzo ás 23:59h.
Animádemos a participar! Poderedes gañar até 200 euros de premio!