
O pasado xoves 15 de febreiro o alumnado do CS de Proxectos de Edificación acudiu á Xornada de Portas Abertas da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF).
Nesta visita alumnas e alumnos do ciclo participaron en varios obradoiros: construción, materiais, enxeñaría mecánica, mecánica de fluídos, electrónica e a automatización, electricidade e enerxía.



Tamén se achegaron á Canle de Ensaios Hidrodinámicos, situada no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) onde tiveron a oportunidade de coñecer o Canal de Ensaios Hidrodinámicos.
Por último os organizadores da Xornada retaron aos estudantes a un Escape Room educativo no que, nun tempo máximo de 40 minutos, debían resolver catro retos.