O pasado 24 de xaneiro visitounos unha delegación do centro educativo Lycée Balata, da Güiana Francesa. A súa visita tiña como obxectivo coñecer o noso centro para unha posible colaboración na que estudantes do Lycée Balata fagan unha estadía con nós en vindeiras datas, dentro do programa Erasmus+. Na súa visita coñeceron as nosas instalacións e recibiron información sobre o CS Proxectos de edificación, ciclo formativo no que recibiremos estudantes da Güiana Francesa.
A delegación estaba integrada por Marc Tainllander (Director do centro) que viña acompañado por Carlos Soares de Sousa e Rachelle Bowers.