Alumnado e profesorado do CS de Proxectos de Edificación realizou o día 17 de febreiro unha visita guiada ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría civil ( CITEEC) pertencente á Universidade da Coruña. Este centro acolle grupos de investigadores que estudan aspectos da construción, das enxeñarías hidráulicas e sanitaria e de estruturas de portos e costas.
A continuación realizouse unha visita guiada ao Centro Ágora dependente do concello da Coruña.
Neste percorrido polo edificio o alumnado e o profesorado recibiron información moi interesante por parte de Laura Cedrón Puente, animadora Sociocultural do IMCE, sobre o funcionamento dun edificio destas características e usos.
O alumnado estivo acompañado nestas visitas polos profesores Miguel González Ramos, Cristina Pérez García, Digna Faraldo Purriños e Carmen Prieto Palmeiro.