Alumnado do CSPE (Proxectos de Edificación) realizou ou día 14  de febreiro unha visita á empresa de fabricación de CLT  Xilonor no polígono de Coirós.

Ou noso alumnado tivo a oportunidade de coñecer detalles da fabricación e características do CLT ou madeira contralaminada de man de Miguel Mouzo, responsable de formación e RRHH e de Guillermo  Pérez, encargado de control de calidade da empresa.

O CLT é un material en forma de paneis estruturais macizos, formados por varias capas de táboas de madeira aserrada encoladas entre si e colocadas de maneira perpendicular entre elas.

https://xilonor.es/

A continuación o grupo fixo unha visita guiada ao casco histórico do concello de Betanzos.

Neste percorrido polo casco histórico  alumnado e profesorado recibiu completa información   por parte de Elena Carro Vieites, técnico de turismo do concello, sobre a historia e configuración desta zona e sobre o desenvolvemento dos traballos do Programa Rexurbe.

O Programa Rexurbe, é unha iniciativa do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para comprar inmobles deteriorados ou en estado de abandono co obxectivo de recuperalos e destinalos despois a alugueiro social.

http://igvs.es/web/actuamos/rexurbe

O alumnado estivo acompañado nestas visitas polo profesorado do departamento: Miguel A. González Ramos, Jorge Badás Peiteado e Carmen Prieto Palmeiro.

 

Galería de imaxes: