Alumnado do CSPE (Ciclo Superior de Proxectos de Edificación) realizou ou día 4 de outubro unha visita á sede central da empresa de fabricación de sistemas de aluminio y PVC Cortizo con sede en Padrón.
O noso alumnado tivo a oportunidade de coñecer detalles da fabricación e características dos sistemas de aluminio e PVC da man de Alberto Freire, responsable de comunicación da empresa.
Entre as moitas cousas que aprendemos está a aposta pola eficiencia: CORTIZO RECYCLING encárgase de transportar o aluminio á fundición para pechar o ciclo dun material 100% reutilizable con más de 2.400 puntos de recollida de restos de aluminio en Europa cun baixo consumo enerxético en reciclaxe (5% do consumo primario).
A continuación o grupo fixo unha visita guiada á exposición Trabajo en equipo. Relatos contemporáneos desde la Colección CGAC no Museo Centro Gaiás.
https://www.cidadedacultura.gal/es/portada
O alumnado estivo acompañado nestas visitas polo profesorado do departamento: José L. Méndez Otero, Miguel A. González Ramos, Jorge M. Badás Peiteado e Carmen Prieto Palmeiro.
Galería de imaxes:



