O alumnado e o profesorado do CSPE (Ciclo Superior de Proxectos de Edificación) realizou o día 15 de novembro unha visita á sede da empresa de arquitetura modular EMSAMBLE situada no Polígono Río do Pozo (Narón).

Tivemos a oportunidade de coñecer o proceso de deseño e fabricación destas novedosas vivendas da man de Sergio Sampedro, director da empresa.

Comezamos a visita na oficina técnica onde apostan por un deseño actual, personalizado e funcional que non esquece a sostenibilidade e eficiencia enerxética.


A continuación, xa no taller, puidemos ver de primeira man o proceso que permite a fabricación de vivendas modulares en tan só 4 meses. Estas vivendas serán posteriormente trasladadas a súa ubicación definitiva onde quedarán ensambladas nun plazo estimado de 3 días.

O noso agradecemento o personal de EMSAMBLE pola sua atención e amabilidade.

https://emsamble.com

O alumnado estivo acompañado nesta visita polo profesorado do departamento: José L. Méndez Otero, Miguel A. González Ramos, Jorge M. Badás Peiteado e Carmen Prieto Palmeiro.