O pasado mércores 8 de maio, o alumnado dos ciclos de Sistemas Microinformáticos e Redes e de Administración de Sistemas Informáticos en Rede realizou unha viaxe, con dobre obxectivo didáctico, a Santiago de Compostela.
En primeiro lugar, visitaron o CESGA (CEntro de Supercomputación de GAlicia) e, a continuación, o evento FP Innova, celebrado na Cidade da Cultura de Galicia.