
Parte do noso alumnado dos ciclos de grao superior en modalidade dual de Administración e Finanzas e Transporte e Loxística, xunto con alumnado dos centros educativos CIFP Ferrolterra, IES Fene e IES Castro da Uz de As Pontes, visitaron no día de onte (24 de xaneiro de 2024) as instalacións industriais que ten en As Somozas a empresa “Nervión Naval Offshore”, onde ese alumnado realizará proximamente a súa formación en empresa como parte do programa formativo da FP Dual. Unha gran xornada de acollemento por parte desta empresa colaboradora que augura un magnífico proxecto profesional para o noso estudantado.

O noso agradecemento ao persoal de “Nervión Naval Offshore”, en especial a Roberto Bouzas, Director Xeral da empresa, que fixo unha explicación detallada da mesma.
O alumnado do noso centro estivo acompañado nesta visita pola profesora Sabela Castro, ademais da Dinamizadora de relación con empresas na FP, Ana López, e da vicedirectora, María Molins.