O pasado 17 de novembro o alumnado de segundo curso do ciclo medio de Xestión Administrativa e tamén de segundo curso do ciclo superior de Administración e Finanzas, acompañados polas súas profesoras Ana Pego e Ana López, acudiron ao concello lugués de Palas de Rei para visitaren as instalacións da empresa Jim Sports que se está a converter no xigante da distribución de materiais deportivos a nivel nacional e en pleno crecemento internacional.
O empresario emprendedor artífice desta ‘milagre’ chámase Jesús Manuel Graña (Jim Graña) que aparece canda os nosos compañeiros na foto de grupo. Comezou nun garaxe de 70 m2 mercando un colector de balóns de baloncesto e hoxe distribúe máis de 15000 referencias de material deportivo de todo tipo dende a súa nave de Palas de Rei.
Velaí a galería coas fotos da visita: