Hoxe martes 22 de novembro o noso alumnado de 2º curso do CS de Administración e Finanzas, acompañado polos seus profesores Ana Pego e Pablo Priegue acudiron á comarca pontevedresa do Salnés para coñecer de primeira man o proceso produtivo dos viños e a organización como empresas de dúas das adegas máis senlleiras na produción de viño Albariño , propio desa subzona dentro da denominación de orixe.
A visita a Paco & Lola e mais a Pazo Baión, que respectou todos os protocolos de ámbalas empresas, resultou moi didáctica e entretida e tivo como colofón, unha cata dos viños nelas elaborados.
Velaí as imaxes para a lembranza:



