Onte 10 de abril de 2019, un grupo composto por alumnado de Administración e Finanzas, Asistencia á Dirección e Proxectos de Edificación visitaron o noso Parlamento acompañados polas profesoras Carmen Mato, Diana Núñez, e Geli Álvarez.
Para complementar a xa de por si interesante visita, o grupo dividiuse e o alumnado da familia de Administración e xestión acudiu a coñecer o Instituto Galego de Estatística (IGE) e o da familia de Edificación e obra civil o Pórtico da Gloria da catedral compostelana.