A finais da pasada semana, tivo lugar a primeira visita do alumnado do Ciclo Superior de Administración e Finanzas modular ao Centro Loxístico de Inditex en Arteixo.
Estivemos dúas horas e media coñecendo tanto as oficinas como os distintos sectores de distribución terrestre, marítimo e aéreo. O alumnado puido facer preguntas e ver os distintos procesos de entrada e saída da mercancía dende ben preto, interactuando cos empregados e vendo como realizaban as súas tarefas.
Unha boa aproximación ao mundo laboral que todos e todas aproveitamos e no que aprendemos moito.
Deseguido as imaxes dos dous grupos nos que fomos separados para que a experiencia fose o máis próxima posible:



