O pasado xoves día 9 de decembro, durante a mañá, alumnado do noso centro realizou unha interesante visita á Casa Grande de Xanceda, unha granxa ecolóxica onde se elaboran produtos lácteos (iogures, queixos, …) a partir dunha explotación de máis de 300 vacas que pacen en 200 hectáreas de prados e bosque autóctono.
Esta visita organizada principalmente pensando no noso alumnado do ciclo medio dual de Comercialización de Produtos alimentarios, foi aproveitada por outros grupos da familia de Comercio e Márketing e mais de Hostalaría e Turismo para completar o continxente máximo de persoas permitidas na visita.
A todos lles resultou de sumo interese e puideron coñecer de primeira man como é que funciona unha empresa ecolóxica destas características, tanto no referente ao coidado dos animais como á elaboración e comercialización da súa produción.
Podedes obter máis información visitando a web da granxa, picando nesta ligazón.
Velaí algunhas fotos da visita: