AXUDAS E SUBVENCIÓNS
INNOVACIÓN E CREATIVIDADE
A semana que vén está prevista a celebración de dous novos obradoiros de emprendemento. O luns 15 de novembro, ás 10:40h na quenda de mañá e ás 18:15h na quenda de tarde, celebrarase o que leva por título Axudas e Subvencións e o xoves 18 de novembro en idéntico horario (10:40h e 18:15h) terá lugar o denominado Innovación e Creatividade.
No primeiro deles danse orientacións acerca de cales hai e como se poden pedir, explicando os modelos de solicitude e como se cobren.
O segundo, trátase dunha actividade na que se pretende dar a coñecer casos reais de innovación en Galicia e a través deles divulgar técnicas para identificar oportunidades de negocio ou solucións creativas para a mellora empresarial. O obxectivo é que, por medio de diferentes metodoloxías e ferramentas, se estimule a creatividade e a innovación dun xeito participativo.
