Un ano máis, poñemos en marcha o xa tradicional concurso de microrrelatos en lingua galega do CIFP Rodolfo Ucha, que acada con esta a súa VIII edición.
Nestes tempos convulsos de Covid e confinamento, a arte e a cultura amosaron ser imprescindibles nas nosas vidas, ben fora en forma de música, cine, series ou literatura. Así que xa sabedes, buscade inspiración, desatade a vosa creatividade e animádevos a escribir, son só un máximo de 150 palabras. Xa sabedes o que din, o bo se breve…
Iso si, non esquezades incluír nas vosas creacións a frase “a primeira vez que alguén” en calquera parte do microrrelato.
Para participar tedes que enviar as vosas propostas dándolles un título e baixo seudónimo ao enderezo de correo electrónico edlg@cifprodolfoucha.es. O prazo remata o 16 de abril.
Animádemos a participar! Poderedes gañar até 150 euros de premio!
Consultade aquí as bases de participación.