Pasada a segunda avaliación rematáronse os últimos traballos a incorporar no proxecto. Finalmente queda dispoñible o sitio web do proxecto coas seguintes funcionalidades:
- Base de datos de ríos e afluentes da nosa ría.
- Base de datos de patrimonio natural: flora e fauna. Destacando especies en perigo e invasoras.
- Xogo interactivo con intelixencia artificial para descubrir a flora e fauna da ría de Ferrol. Axúdao a aprender máis especies!!
- Xogo da “Estatuílla misteriosa” para descubrir que árbore autóctona é a culpable.
- Xestión de eventos para o coidado dos nosos ríos.
- Xogo de identificación de plantas e animais.
- Visita virtual para coñecer os ríos da nosa comarca.
- Formulario para o envío de mostras animais a laboratorios.
- Formulario para o envío de mostras de auga a laboratorios.
Convidámosvos a probar e xogar coas actividades e recursos elaborados polo alumnado de 2º DAW!!
Tamén quixéramos pedirvos que se tedes calquera suxestión ou se vos ocurren melloras sobre as funcionalidades presentadas nolas fixérades chegar a través do seguinte formulario: