O pasado mércores 23 de marzo, coincidindo coa fin da 2ª avaliación, celebramos no Pavillón Polideportivo Javier Gómez Noya de Caranza, un torneo de baloncesto 3×3 e mais un concurso de triplas, por iniciativa e coa organización do propio alumnado do centro.
Torneo 3 x 3
Equipos de tres titulares e dous suplentes de diferentes cursos e ciclos formativos enfrontáronse nunhas eliminatorias que acabaron determinando o podio, cun equipo vencedor, un subcampión e un terceiro clasificado, e que é o seguinte:
- Medalla de ouro e vencedores do torneo: Equipo TELETABIS con alumnado de 1º do CM de Xestión Administrativa formado por: Cristian García, Yasmel Rodríguez e Dani López.
- Medalla de prata e subcampións: Equipo YAYA-TOURÉ con alumnado de 1º do CS de Ensinanza e Animación Sociodeportiva formado `por: Juan Dopazo, Roi Amado, Blas Souto, Carolina Aneiros e Kevin Iglesias.
- Medalla de bronce e terceiro clasificado: Equipo 180 TEAM con alumnado de 2º de Sistemas Microinformáticos e Redes formado por Dani Lourido, André Vázquez, Íker Miraz e Lois Rodríguez.
Concurso de triplas
Así mesmo, pero participando de xeito individual, resolveuse o concurso de lanzamentos dende a liña de tres puntos, onde se dilucidaron as medallas de ouro, prata e bronce que resultaron ser para:
- Medalla de ouro e campión, Blas Souto de 1º do CS de Ensinanza e Animación Sociodeportiva.
- Medalla de prata e subcampión, Íker Maiz de 1º do CS de Ensinanza e Animación Sociodeportiva.
- Medalla de bronce e terceiro clasificado, Yasmel Rodríguez de 1º do CM de Xestión Administrativa.
A programación prevista dilatouse máis do agardado e houbo que adiar o concurso de triplas e mais a entrega de medallas ás primeiras horas do venres día 25, día da entrega de notas.
Foron unhas xornadas distendidas e de convivencia a través do deporte para goce da comunidade educativa que agardemos sirva para repoñer as baterías cara ao que queda de curso.
Por fin podemos ver unha ampla galería de fotografías das xornadas: