Coordinación de Emprendemento

Xa estamos no 2019 e retomamos o Curso sobre adquisición de competencias para dar o salto  ó mercado laboral. A segunda conferencia prevista para o día 16 de xaneiro está pendente de data, avisaremos tan pronto como esté confirmada.

banner curso

Os alumnos da familia profesional de Informática terán o seu encontro coas empresas do secto no Salón de Actos nas seguintes datas: 

  • Luns 21 de xaneiro de 10.00 a 12.00 (con descanso no medio): Aldaba e 3.14
  • Martes 22 de xaneiro de 10.40 a 12.30: Dinahosting e David Pombal (emprendedor).

Para os encontros empresariais non é preciso a pre-inscripción.

Para saber máis sobre este curso … visita a súa sección na web

Os Departamentos de Orientación & Emprendemento, veñen a desenrrolar varias actividades o longo do curso para mellorar as aptitudes do alumnado de cara a saída ó mercado laboral.

Traballamos en conxunto para reforzar competencias claves que abren as portas das empresas e do emprendemento.

As nosas liñas de traballo son:

  • EIXE 1: SENSIBILIZAR E MOTIVAR, FOMENTAR ACTITUD EMPRENDEDORA para o que promovemos diferentes charlas e seminarios, ademáis da participación dos alumnos en diferentes concursos de ideas.
  • EIXE 2: POSTA EN VALOR DO VIVEIRO DE EMPRESAS  

Actividades do curso 2018/2019:

 

 

Acreditación de competencias – Convocatoria 2019

Logo FP competencias 2019

Publicada a orde pola que se convoca, para o ano 2019, o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral.

No noso Centro acredítanse unidades de competencia dos seguintes ciclos:

  • Grao Medio de Xestión Administrativa.
  • Grao Superior de Administración e Finanzas.
  • Grao Medio de Actividades Comerciais.

No Anexo I da convocatoria poden consultarse as unidades de competencia  que se poden acreditar, organizadas por ciclo formativo.

A solicitude de participación no procedemento deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e requirirá cubrir previamente os datos na aplicación informática que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado. 

Esta aplicación está activa a partir do 14 de xaneiro de 2019 e o prazo de presentación de solicitudes será desde o 14 de xaneiro ata o 7 de febreiro de 2019.

SÓ SERÁN ACEPTADAS AS SOLICITUDES QUE SEXAN ENTREGADAS POR SEDE ELECTRÓNICA.

A información completa pode consultarse seguindo este enlace.

Entrega de premios do Concurso idea

Entrega premios Idea EduEmprende

20181211EntregaPremiosIdeaEduEmprende No dia de onte a responsable de emprendemento e profesora da familia profesional de hostalaría e turismo Elena Anca acudiu acompañada dun membro do equipo directivo á entrega de premios do Concurso idea 2018 que todos os anos se convoca ao abeiro do plan eduemprende. O acto tivo lugar no auditorio 1 do edificio Cinc da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Premiáronse seis interesantísimos traballos de emprendemento, dun total de vinte e cinco presentados desde toda Galicia. Desafortunadamente ningún deles foi enviado polo o noso centro, pero agardemos que na vindeira convocatoria poidamos presentar alomenos un proxecto. E como dispoñemos do noso viveiro de empresas, por que non soñar con que se chegue a materializar?

Coordinación de Emprendemento

Xa está aberto o prazo de inscripción no Curso sobre adquisición de competencias para dar o salto  ó mercado laboral. ¡Comenza o martes 18 de decembro!

RESERVA A TÚA PRAZA! O PRE-REXISTRO É OBRIGATORIO (PINCHA AQUI)

Para saber máis sobre este curso … visita a súa sección na web

Os Departamentos de Orientación & Emprendemento, veñen a desenrrolar varias actividades o longo do curso para mellorar as aptitudes do alumnado de cara a saída ó mercado laboral.

Traballamos en conxunto para reforzar competencias claves que abren as portas das empresas e do emprendemento.

As nosas liñas de traballo son:

  • EIXE 1: SENSIBILIZAR E MOTIVAR, FOMENTAR ACTITUD EMPRENDEDORA para o que promovemos diferentes charlas e seminarios, ademáis da participación dos alumnos en diferentes concursos de ideas.
  • EIXE 2: POSTA EN VALOR DO VIVEIRO DE EMPRESAS  

Actividades do curso 2018/2019:

 

 

Galicia Skills 2018

Portada das Galicia Skills 2018

Galicia Skills - Carlos Bello Pita

Os pasados días 28 e 29 de novembro, celebráronse en Silleda, no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, as GaliciaSkills 2018.Este é un campionato eminentemente práctico que consiste no desenvolvemento de 26 competicións relacionadas coas especialidades de formación profesional, nas que o alumnado participante mide as súas destrezas e demostra as súas capacidades na realización das correspondentes probas.

MAGOSTO 2018

O 9 de novembro celebrouse un ano máis O Magosto organizado polos alumnos de primeiro curso do Ciclo de Actividades Físicas e Deportivas. Como en anos anteriores desenvolvéronse un conxunto de divertidas actividades nas que participaron alumnos e alumnas de todo o centro e un grupo de intrépidos/as profesores/as. A xornada rematou coa tradicional degustación de castañas.

This image has an empty alt attribute; its file name is magosto-19.jpg    This image has an empty alt attribute; its file name is magosto-4.jpg

Unha vez máis agradecervos a todos e todas pola vosa participación. O vindeiro ano máis e mellor!!!

Visita do alumnado do CS de Proxectos de Edificación ao Centro Niemeyer de Avilés e ao Centro Botín de Santander

O alumnado do CSPE (Proxectos de Edificación) realizou entre os días 15 e 16 de novembro unha visita a Santander  onde tivo a oportunidade de coñecer o Centro Botín, obra do arquitecto e premio Pritzker,  Renzo Piano.

A visita comezou en Avilés donde todos puideron percorrer  nunha visita guida o Centro  Niemeyer e rematou na poboación de  Santillana del Mar coa visita á Neocueva de Altamira ubicada no Museo Nacional y Centro de Investigación de Altamira .

Visita do alumnado de 1SMR ó MUNCYT da Coruña

Foto do alumnado de SMR1 no MUNCYT

Foto do alumnado de SMR1 no MUNCYT

O alumnado de primeiro de SMR (Sistemas microinformáticos e redes) visitou o Muncyt (Museo Nacional de Ciencia y Tecnología) da Coruña o pasado martes, 22 de novembro, e participou nas seguintes actividades:

  • Week Labs: Taller: “¿Para qué sirve un superordenador? Los superordenadores, de cerca”
  • mWeek Labs: “Herramienta de realidad virtual sobre la historia de las telecomunicaciones”

FCT ERASMUS (Prácticas noutro país da UE)

Facer a FCT noutro país da Unión Europea non ten moitas diferenzas, agás as evidentes, co respecto a facela no territorio español. Ver entrada sobre a FCT nesta mesma web

Nembargantes intentaremos resolver as posibles dúbidas e as preguntas máis frecuentes:

QUEN AS PODE REALIZAR?

Todos aqueles alumnos/as que estén cursando 2º curso no momento de realizar a FCT.

Tamén podería facer prácticas no estranxeiro o alumnado que xa titulou dentro dos seguintes 6 meses a data de titulación.

CALES SON OS REQUISITOS PARA PODER REALIZAR ESTAS PRÁCTICAS?

1º Ter a voluntade e o compromiso de facelas.

2º Ter un nivel medio-alto en idioma estranxeiro, fundamentalmente inglés, aínda que pode ser tamén a lingua do país de destino: francés, italiano, portugués…

3º No caso de haber máis candidatos/as que prazas unha comisión imparcial decidirá quen ten prioridade basándose en criterios de expediente, formación en linguas, disponibilidade, … entre outros aspectos. O dictamen sería sempre público e transparente.

QUE ME OFRECE O PROGRAMA DE PRÁCTICAS NO ESTRANXEIRO?

Una beca de unha cantidade variable de diñeiro dependendo do país de destino (normalmente entre 250-350 euros por mes) e a posibilidade de facer un curso on-line de idiomas.

COMO SE CONSIGUE A EMPRESA PARA A REALIZACIÓN DAS PRÁCTICAS?

Hai dúas opcións, a máis habitual é que o propio alumnado a busque en coordinación co titor da FCT e o responsable das prácticas no estranxeiro utilizando a base de datos de cursos anteriores. Tamén se pode encargar a busca a unha empresa intermediaria

Para o aloxamento tamén hai varias opcións.

QUE PODO GAÑAR PARTICIPANDO NESTES PROGRAMAS?

En primeiro lugar, unha experiencia de traballo nun país estranxeiro que aumentará a variedade e a calidade da formación recibida.

En segundo lugar, unha mellora na capacidade de comunicación e traballo nunha lingua diferente.

E en terceiro lugar, unha experiencia vital que abre os horizontes de emprego non só no estranxeiro senón tamén no territorio español.

 

Adrián Orjales bate o seu propio récord de España de tiro con arco para invidentes

Foto Adrián Orjales recibindo medalla

Adrián Orjales, alumno do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, vén de batir o seu propio récord de tiro con arco para invidentes nunha tirada realizada no concello lucense do Valadouro.

Este deportista tamén ten grandes posibilidades de acudir ó Mundial de tiro con arco para invidentes, que está previsto para o próximo mes de xuño.

Parabéns para Adrián e moito ánimo de cara a seguir superándose!

Máis información no seguinte enlace.

[Fonte: La Voz de Galicia]