O grupo1 de alumnado de 2º de Desenvolvemento de Aplicacións Web (DAW) vén de rematar o proxecto da 1ª avaliación pertencente ao módulo de Desenvolvemento Web en Contorno Servidor integrado no Plan Proxecta “Aprendo programando”. Este grupo realizou un sitio web orientado á aprendizaxe da linguaxe de programación Scratch realizando animacións, actividades e xogos nesta linguaxe visual e coa linguaxe de programación PHP. Todos os exemplos elaborados con Scratch están orientados cara a temática de Aforro enerxético, que serve como temática transversal e pon en práctica o aprendido nas xornadas de formación realizadas durante esta avaliación.
O sitio web amosa unha serie de titoriais para aprender a programación con Scrath que van acompañados dunha serie de actividades de autoavaliación elaboradas en PHP. Esta aplicación web foi elaborada por completo polos estudantes aplicando os coñecementos adquiridos no módulo durante esta primeira avaliación.
Pódese acceder libremente ao sitio web dende a seguinte ligazón: Titoriais de Scratch elaborados polos estudantes de 2º de DAW.