PROGRAMA DE IGUALDADE
RECURSOS
¿A onde acudir?
☎️ Teléfono da muller 900 400 273
O Teléfono da Muller é un servizo gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día, desde calquera teléfono fixo ou móbil, e con cobertura para toda a Comunidade Autónoma. Responde nel un equipo multidisciplinar coordinado cos diferentes profesionais de toda Galicia.
☎️ Teléfono contra o acoso escolar 900 018 018
O teléfono contra o acoso escolar é un servizo gratuito, confidencial, anónimo, está operativo as 24 horas e é atendido por psicólogos apoiados por traballadores sociais a avogados.
🏛️ Centros de información ás mulleres
Rúa Lugo, 56 – C.P: 15402 – Ferrol
Teléfono: 981 944 124
Correo electrónico: cim@ferrol.es
☎️ Teléfono violencia de xénero 016
O teléfono contra a violencia de xénero é un servizo gratuito, confidencial, anónimo, está operativo as 24 horas e é atendido por persoal especializado. Dispoñible en 52 idiomas, dispón ademais de asesoramento xurídico. Non deixa rastro no móbil.
🌐Acceso á web de igualdade da Xunta de Galicia.
Igualdade
A RAE define ‘igualdade’ como a ‘prohibición da discriminación; mandato constitucional que impide dar un trato diferenciado a aqueles que se atopan en situación de igualdade, empregando un criterio de diferenciación prohibido e buscando un resultado que menoscabe o exercicio do dereito’. Trátase, asimesmo, dun dos valores superiores do ordenamento (Constitución Española, art. 1.1) e dun dereito fundamental a non ser discriminado (Constitución Española, art. 14). Atópase igualmente recoñecido como mandato do Convenio Europeo dos Dereitos Humanos. A igualdade é, polo tanto, un valor común á Unión Europea e os seus Estados membros.
A igualdade social recoñece a igualdade ante a lei, a igualdade de oportunidades. É o contrario á desigualdade social, que implica desigualdade económica, escravitude, racismo, sociedades de castas e estamentos, así como calquera outro tipo de discriminación por motivos de xénero, etnia, relixión, idioma, orientación sexual, idade, discapacidade, ou calquera outra circunstancia persoal. A igualdade social é un valor fundamental para unha sociedade mellor, máis xusta e inclusiva, na que a comunidade educativa xoga un papel fundamental, a través da implementación de programas que fomenten a inclusión social e a non discriminación e levando a cabo actividades que conciencien da necesidade dos devanditos programas.
Como se establece na páxina web de igualdade da Xunta de Galicia, ‘a educación en igualdade é un estilo educativo, un proceso de transformación social que apunta a unha convivencia entre os sexos alonxada da opresión mutua e tendente a unha relación de xustiza e repecto en interés duncha formación integral e unha efectiva igualdade de oportunidades entre homes e mulleres’.
Aínda que a desigualdade entre homes e mulleres é un dos principais focos da desigualdade social no noso país na actualidade, non é o único. Existen numerosos exemplos de discriminación por outros motivos persoais contra os que a comunidade educativa ten o deber de loitar, e que, dende aquí, trataremos de facer visibles.
ACTUALIDADE
Acto contra a violencia de xénero para conmemorar o 25 N.
Hoxe aproveitando o segundo recreo ás 12:40 celebramos un emotivo acto onde Irene Alcalá Amado puxo música e voz, (e que voz!) para arroupar a lectura dos nomes das vítimas deste ano por violencia machista. No decorado había dous taboleiros: un cos chíos do...
Teatro contra a violencia de xénero
Hoxe celebramos nun ateigado salón de actos e con grande éxito, a representación da obra teatral Golpes que baixo a dirección de Xosé Leis e coa interpretación de Estíbaliz Veiga supón un alegato en contra da violencia machista e encádrase nos actos que o noso...
CONCURSO DE CHÍOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Imos conmemorar o Día Internacionál Contra a Violencia de Xénero o vindeiro martes día 26 coa solta de papaventos que levarán na súa cola os chíos do concurso. O hashtag para publicar será: #NonViolenciaDeXenero Aquí tes o cartel e as...