PROGRAMA DE IGUALDADE
RECURSOS
¿A onde acudir?
☎️ Teléfono da muller 900 400 273
O Teléfono da Muller é un servizo gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día, desde calquera teléfono fixo ou móbil, e con cobertura para toda a Comunidade Autónoma. Responde nel un equipo multidisciplinar coordinado cos diferentes profesionais de toda Galicia.
☎️ Teléfono contra o acoso escolar 900 018 018
O teléfono contra o acoso escolar é un servizo gratuito, confidencial, anónimo, está operativo as 24 horas e é atendido por psicólogos apoiados por traballadores sociais a avogados.
🏛️ Centros de información ás mulleres
Rúa Lugo, 56 – C.P: 15402 – Ferrol
Teléfono: 981 944 124
Correo electrónico: cim@ferrol.es
☎️ Teléfono violencia de xénero 016
O teléfono contra a violencia de xénero é un servizo gratuito, confidencial, anónimo, está operativo as 24 horas e é atendido por persoal especializado. Dispoñible en 52 idiomas, dispón ademais de asesoramento xurídico. Non deixa rastro no móbil.
🌐Acceso á web de igualdade da Xunta de Galicia.
Igualdade
A RAE define ‘igualdade’ como a ‘prohibición da discriminación; mandato constitucional que impide dar un trato diferenciado a aqueles que se atopan en situación de igualdade, empregando un criterio de diferenciación prohibido e buscando un resultado que menoscabe o exercicio do dereito’. Trátase, asimesmo, dun dos valores superiores do ordenamento (Constitución Española, art. 1.1) e dun dereito fundamental a non ser discriminado (Constitución Española, art. 14). Atópase igualmente recoñecido como mandato do Convenio Europeo dos Dereitos Humanos. A igualdade é, polo tanto, un valor común á Unión Europea e os seus Estados membros.
A igualdade social recoñece a igualdade ante a lei, a igualdade de oportunidades. É o contrario á desigualdade social, que implica desigualdade económica, escravitude, racismo, sociedades de castas e estamentos, así como calquera outro tipo de discriminación por motivos de xénero, etnia, relixión, idioma, orientación sexual, idade, discapacidade, ou calquera outra circunstancia persoal. A igualdade social é un valor fundamental para unha sociedade mellor, máis xusta e inclusiva, na que a comunidade educativa xoga un papel fundamental, a través da implementación de programas que fomenten a inclusión social e a non discriminación e levando a cabo actividades que conciencien da necesidade dos devanditos programas.
Como se establece na páxina web de igualdade da Xunta de Galicia, ‘a educación en igualdade é un estilo educativo, un proceso de transformación social que apunta a unha convivencia entre os sexos alonxada da opresión mutua e tendente a unha relación de xustiza e repecto en interés duncha formación integral e unha efectiva igualdade de oportunidades entre homes e mulleres’.
Aínda que a desigualdade entre homes e mulleres é un dos principais focos da desigualdade social no noso país na actualidade, non é o único. Existen numerosos exemplos de discriminación por outros motivos persoais contra os que a comunidade educativa ten o deber de loitar, e que, dende aquí, trataremos de facer visibles.
ACTUALIDADE
Obradoiros de busca de emprego
esta ligazón poderás inscribirte nos obradoiros para a procura de emprego que organizamos nas datas e horas que se...
Nova actividade do Plan de Igualdade
Concurso Pechakucha en conmemoración do Día da Muller O vindeiro venres 6 de marzo co gallo da conmemoración do Día da Muller que terá lugar 48 horas despois, celebraremos no salón de actos do noso centro a final do concurso pechakucha que lanzamos para o alumnado...
Cinema contra a violencia de xénero
Coa presenza da directora Xiana do Teixeiro que participou nos posteriores coloquios, pasamos onte no salón de actos do noso centro a película documental "Tódalas mulleres que coñezo" . Fixéronse senllos pases, para FP básica e ciclos medios ás 10:45h, e para os...
1º Concurso de Fotografía pola Igualdade
Dentro do desenvolvemento do plan de igualdade confeccionado polo noso centro para este curso 2019 - 2020 convocamos o 1º Concurso de Fotografía pola Igualdade do CIFP Rodolfo Ucha, para o noso alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos. Queremos...
Obradoiro de defensa persoal contra a violencia de xénero
Os vindeiros martes e mércores 17 e 18 de decembro realizarase nas instalacións do noso centro un obradoiro de defensa persoal enfocado á autodefensa das mulleres en casos de violencia de xénero, sempre e cando se acade un mínimo de dez persoas interesadas. As...
Papaventos ao aire
A última hora desta mañá e no recínto do centro dadas as previsións meteorolóxicas que desaconsellaban acudir á praia de Caranza, voamos os papaventos escritos coas mensaxes contra a violencia de xénero e a prol da igualdade entre homes e mulleres. Velaí unha ampla...