PROGRAMA DE IGUALDADE
RECURSOS
¿A onde acudir?
☎️ Teléfono da muller 900 400 273
O Teléfono da Muller é un servizo gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día, desde calquera teléfono fixo ou móbil, e con cobertura para toda a Comunidade Autónoma. Responde nel un equipo multidisciplinar coordinado cos diferentes profesionais de toda Galicia.
☎️ Teléfono contra o acoso escolar 900 018 018
O teléfono contra o acoso escolar é un servizo gratuito, confidencial, anónimo, está operativo as 24 horas e é atendido por psicólogos apoiados por traballadores sociais a avogados.
🏛️ Centros de información ás mulleres
Rúa Lugo, 56 – C.P: 15402 – Ferrol
Teléfono: 981 944 124
Correo electrónico: cim@ferrol.es
☎️ Teléfono violencia de xénero 016
O teléfono contra a violencia de xénero é un servizo gratuito, confidencial, anónimo, está operativo as 24 horas e é atendido por persoal especializado. Dispoñible en 52 idiomas, dispón ademais de asesoramento xurídico. Non deixa rastro no móbil.
🌐Acceso á web de igualdade da Xunta de Galicia.
Igualdade
A RAE define ‘igualdade’ como a ‘prohibición da discriminación; mandato constitucional que impide dar un trato diferenciado a aqueles que se atopan en situación de igualdade, empregando un criterio de diferenciación prohibido e buscando un resultado que menoscabe o exercicio do dereito’. Trátase, asimesmo, dun dos valores superiores do ordenamento (Constitución Española, art. 1.1) e dun dereito fundamental a non ser discriminado (Constitución Española, art. 14). Atópase igualmente recoñecido como mandato do Convenio Europeo dos Dereitos Humanos. A igualdade é, polo tanto, un valor común á Unión Europea e os seus Estados membros.
A igualdade social recoñece a igualdade ante a lei, a igualdade de oportunidades. É o contrario á desigualdade social, que implica desigualdade económica, escravitude, racismo, sociedades de castas e estamentos, así como calquera outro tipo de discriminación por motivos de xénero, etnia, relixión, idioma, orientación sexual, idade, discapacidade, ou calquera outra circunstancia persoal. A igualdade social é un valor fundamental para unha sociedade mellor, máis xusta e inclusiva, na que a comunidade educativa xoga un papel fundamental, a través da implementación de programas que fomenten a inclusión social e a non discriminación e levando a cabo actividades que conciencien da necesidade dos devanditos programas.
Como se establece na páxina web de igualdade da Xunta de Galicia, ‘a educación en igualdade é un estilo educativo, un proceso de transformación social que apunta a unha convivencia entre os sexos alonxada da opresión mutua e tendente a unha relación de xustiza e repecto en interés duncha formación integral e unha efectiva igualdade de oportunidades entre homes e mulleres’.
Aínda que a desigualdade entre homes e mulleres é un dos principais focos da desigualdade social no noso país na actualidade, non é o único. Existen numerosos exemplos de discriminación por outros motivos persoais contra os que a comunidade educativa ten o deber de loitar, e que, dende aquí, trataremos de facer visibles.
ACTUALIDADE
23 de abril, Día do libro
Hoxe día de San Xurxo e cabodano das mortes de escritores tan senlleiros na literatura universal coma Mr. William Shakespeare e Don Miguel de Cervantes, celebramos no centro o Día do Libro. Por mor das precaucións que a pandemia nos impón, nesta ocasión...
8 de marzo. Día da Muller.
Hoxe luns 8 de marzo conmemórase o Dia da Muller e dende o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro queremos apoiar os actos promovidos polo Concello de Ferrol co gallo desta sinalada data do calendario. Tamén outras institucións están a desenvolver a campañas encol do tema e,...
2º concurso de chíos contra a violencia de xénero.
Para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero que ten lugar todos os 25 de novembro, lanzamos un ano máis a convocatoria do Concurso de Chíos Contra a Violencia de Xenero na súa segunda edición. Anímate a participar. Tes de prazo até as 15 horas...
2º Concurso de Fotografía pola Igualdade
Neste curso 2020/2021 convocamos o 2º Concurso de Fotografía pola Igualdade do CIFP Rodolfo Ucha, para o noso alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos. Queremos ver en fotos situacións que deixen de manifesto a igualdade de capacidades e de...
Éxito das Xornadas de Emprego.
A semana pasada celebramos no noso centro unhas interesantísimas xornadas de emprego que ao longo de tres días achegaron ao alumnado diferentes alternativas para unha mellor procura do seu futuro profesional. Extracto do cartel anunciador Un salón de actos, por...