PROGRAMA DE IGUALDADE
RECURSOS
¿A onde acudir?
☎️ Teléfono da muller 900 400 273
O Teléfono da Muller é un servizo gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día, desde calquera teléfono fixo ou móbil, e con cobertura para toda a Comunidade Autónoma. Responde nel un equipo multidisciplinar coordinado cos diferentes profesionais de toda Galicia.
☎️ Teléfono contra o acoso escolar 900 018 018
O teléfono contra o acoso escolar é un servizo gratuito, confidencial, anónimo, está operativo as 24 horas e é atendido por psicólogos apoiados por traballadores sociais a avogados.
🏛️ Centros de información ás mulleres
Rúa Lugo, 56 – C.P: 15402 – Ferrol
Teléfono: 981 944 124
Correo electrónico: cim@ferrol.es
☎️ Teléfono violencia de xénero 016
O teléfono contra a violencia de xénero é un servizo gratuito, confidencial, anónimo, está operativo as 24 horas e é atendido por persoal especializado. Dispoñible en 52 idiomas, dispón ademais de asesoramento xurídico. Non deixa rastro no móbil.
🌐Acceso á web de igualdade da Xunta de Galicia.
Igualdade
A RAE define ‘igualdade’ como a ‘prohibición da discriminación; mandato constitucional que impide dar un trato diferenciado a aqueles que se atopan en situación de igualdade, empregando un criterio de diferenciación prohibido e buscando un resultado que menoscabe o exercicio do dereito’. Trátase, asimesmo, dun dos valores superiores do ordenamento (Constitución Española, art. 1.1) e dun dereito fundamental a non ser discriminado (Constitución Española, art. 14). Atópase igualmente recoñecido como mandato do Convenio Europeo dos Dereitos Humanos. A igualdade é, polo tanto, un valor común á Unión Europea e os seus Estados membros.
A igualdade social recoñece a igualdade ante a lei, a igualdade de oportunidades. É o contrario á desigualdade social, que implica desigualdade económica, escravitude, racismo, sociedades de castas e estamentos, así como calquera outro tipo de discriminación por motivos de xénero, etnia, relixión, idioma, orientación sexual, idade, discapacidade, ou calquera outra circunstancia persoal. A igualdade social é un valor fundamental para unha sociedade mellor, máis xusta e inclusiva, na que a comunidade educativa xoga un papel fundamental, a través da implementación de programas que fomenten a inclusión social e a non discriminación e levando a cabo actividades que conciencien da necesidade dos devanditos programas.
Como se establece na páxina web de igualdade da Xunta de Galicia, ‘a educación en igualdade é un estilo educativo, un proceso de transformación social que apunta a unha convivencia entre os sexos alonxada da opresión mutua e tendente a unha relación de xustiza e repecto en interés duncha formación integral e unha efectiva igualdade de oportunidades entre homes e mulleres’.
Aínda que a desigualdade entre homes e mulleres é un dos principais focos da desigualdade social no noso país na actualidade, non é o único. Existen numerosos exemplos de discriminación por outros motivos persoais contra os que a comunidade educativa ten o deber de loitar, e que, dende aquí, trataremos de facer visibles.
ACTUALIDADE
SELECCIÓN DE CARTEIS FINALISTAS PARA O CONCURSO DO 25 N
DEBEDES VOTAR POR UN DESTES CARTEIS: CARTEL 1 CARTEL 3 CARTEL 5 CARTEL 2 CARTEL 4 CARTEL 6 DEBEDES VOTAR POR UNHA DESTAS MÁSCARAS: MÁSCARA 1 MÁSCARA 3 MÁSCARA 2 MÁSCARA...
Concurso de máscaras e concurso de carteis.
Dentro das actividades programadas co gallo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. O Departamento de Información e Orientación Profesional asesorado polo Departamento de Comercio e Márketing, elaborou as bases para os concursos de carteis e máscaras nos...
Revista efG EU FALO GALEGO
Despois de que por mor da situación de confinamento, o ano pasado non se puidera elaborar a revista do centro, o equipo de dinamización da lingua galega (EDLG) retomou unha vez máis a súa elaboración, e xa van oito números. Aínda que este tampouco foi un curso...
Conmemoración do Día das Letras Galegas 2021
Xa temos as fotografías! Hoxe á mañá tivo lugar no noso salón de actos o espectáculo de poesía musicada titulado Aldaolado, nome coincidente co da compañía que o leva a cabo e que está composta por dúas mulleres transgresoras e divertidas, Lucía Aldao e María Lado,...
Exposición de fotografías nas ramplas do centro
Express-arte, 15 visións contra a violencia de xénero Dentro do Plan Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade", podemos gozar no centro dunha moi interesante exposición, na que a través da arte fotográfica se poida reflexionar sobre o tema da violencia contra...
Galería de fotografías da recente conmemoración do Día do Libro
Imaxes das vencedoras do VIII Concurso de Microrrelatos "... a primeira vez que alguén ..." 1º PREMIO LUCÍA CABADO CON "VIVAMOS" 2º PREMIO ALBA MÉNDEZ CON "A DERRADEIRA VEZ" Imaxes do alumnado, profesorado e as aulas por onde se foron lendo os microrrelatros...