PROGRAMA DE IGUALDADE
RECURSOS
¿A onde acudir?
☎️ Teléfono da muller 900 400 273
O Teléfono da Muller é un servizo gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día, desde calquera teléfono fixo ou móbil, e con cobertura para toda a Comunidade Autónoma. Responde nel un equipo multidisciplinar coordinado cos diferentes profesionais de toda Galicia.
☎️ Teléfono contra o acoso escolar 900 018 018
O teléfono contra o acoso escolar é un servizo gratuito, confidencial, anónimo, está operativo as 24 horas e é atendido por psicólogos apoiados por traballadores sociais a avogados.
🏛️ Centros de información ás mulleres
Rúa Lugo, 56 – C.P: 15402 – Ferrol
Teléfono: 981 944 124
Correo electrónico: cim@ferrol.es
☎️ Teléfono violencia de xénero 016
O teléfono contra a violencia de xénero é un servizo gratuito, confidencial, anónimo, está operativo as 24 horas e é atendido por persoal especializado. Dispoñible en 52 idiomas, dispón ademais de asesoramento xurídico. Non deixa rastro no móbil.
🌐Acceso á web de igualdade da Xunta de Galicia.
Igualdade
A RAE define ‘igualdade’ como a ‘prohibición da discriminación; mandato constitucional que impide dar un trato diferenciado a aqueles que se atopan en situación de igualdade, empregando un criterio de diferenciación prohibido e buscando un resultado que menoscabe o exercicio do dereito’. Trátase, asimesmo, dun dos valores superiores do ordenamento (Constitución Española, art. 1.1) e dun dereito fundamental a non ser discriminado (Constitución Española, art. 14). Atópase igualmente recoñecido como mandato do Convenio Europeo dos Dereitos Humanos. A igualdade é, polo tanto, un valor común á Unión Europea e os seus Estados membros.
A igualdade social recoñece a igualdade ante a lei, a igualdade de oportunidades. É o contrario á desigualdade social, que implica desigualdade económica, escravitude, racismo, sociedades de castas e estamentos, así como calquera outro tipo de discriminación por motivos de xénero, etnia, relixión, idioma, orientación sexual, idade, discapacidade, ou calquera outra circunstancia persoal. A igualdade social é un valor fundamental para unha sociedade mellor, máis xusta e inclusiva, na que a comunidade educativa xoga un papel fundamental, a través da implementación de programas que fomenten a inclusión social e a non discriminación e levando a cabo actividades que conciencien da necesidade dos devanditos programas.
Como se establece na páxina web de igualdade da Xunta de Galicia, ‘a educación en igualdade é un estilo educativo, un proceso de transformación social que apunta a unha convivencia entre os sexos alonxada da opresión mutua e tendente a unha relación de xustiza e repecto en interés duncha formación integral e unha efectiva igualdade de oportunidades entre homes e mulleres’.
Aínda que a desigualdade entre homes e mulleres é un dos principais focos da desigualdade social no noso país na actualidade, non é o único. Existen numerosos exemplos de discriminación por outros motivos persoais contra os que a comunidade educativa ten o deber de loitar, e que, dende aquí, trataremos de facer visibles.
ACTUALIDADE
Proclamación dos vencedores do IX Concurso de Microrrelatos do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro e conmemoración do Día do libro
O pasado 23 de abril, día de San Xurxo, foi Día do Libro e como todos os anos gústanos conmemorar a data coa proclamación dos vencedores no no noso concurso de microrrelatos, que chega este ano xa á súa IX edición. Ademais imos proceder a repartir polas aulas,...
Torneo de baloncesto 3×3 e concurso de triplas (Inclúe Fotografías)
O pasado mércores 23 de marzo, coincidindo coa fin da 2ª avaliación, celebramos no Pavillón Polideportivo Javier Gómez Noya de Caranza, un torneo de baloncesto 3x3 e mais un concurso de triplas, por iniciativa e coa organización do propio alumnado do centro. Torneo...
Participación do noso centro en SpainsKills
Durante a pasada fin de semana chegáronnos novas fotografías da interesante demostración, dentro da especialidade de Industria 4.0, no campionato nacional de Formación Profesional SpainsKills 2022, da profesora Patricia Grueiro Cercido xunto coa alumna do Curso de...
Mesa Redonda de igualdade
Hoxe 24 de marzo ás 11:00 horas, nun salón de actos cheo até onde a normativa COVID permite e no marco das actividades do Plan de Igualdade, tivo lugar unha interesante mesa redonda na que participaron tres mulleres senlleiras que desenvolveron a súa actividade...
Participación do noso centro en SpainsKills
Hoxe partiron cara a Madrid a profesora Patricia Grueiro Cercido xunto coa alumna Lidia López Pérez para realizar unha demostración dentro da especialidade de Industria 4.0, no campionato nacional de Formación Profesional SpaninsKills 2022. A delegación galega...
Lideresas á galega: exposición en Afundación
O pasado venres 11 de marzo ás 19:30 horas, no Espazo +60 no 1º andar de Afundación, na Praza da Constitución de Ferrol, inaugurouse a exposición titulada Lideresas á galega, con fotografías emblemáticas onde mulleres maiores da nosa comarca ocupan o rol en...