PROGRAMA DE IGUALDADE
RECURSOS
¿A onde acudir?
☎️ Teléfono da muller 900 400 273
O Teléfono da Muller é un servizo gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día, desde calquera teléfono fixo ou móbil, e con cobertura para toda a Comunidade Autónoma. Responde nel un equipo multidisciplinar coordinado cos diferentes profesionais de toda Galicia.
☎️ Teléfono contra o acoso escolar 900 018 018
O teléfono contra o acoso escolar é un servizo gratuito, confidencial, anónimo, está operativo as 24 horas e é atendido por psicólogos apoiados por traballadores sociais a avogados.
🏛️ Centros de información ás mulleres
Rúa Lugo, 56 – C.P: 15402 – Ferrol
Teléfono: 981 944 124
Correo electrónico: cim@ferrol.es
☎️ Teléfono violencia de xénero 016
O teléfono contra a violencia de xénero é un servizo gratuito, confidencial, anónimo, está operativo as 24 horas e é atendido por persoal especializado. Dispoñible en 52 idiomas, dispón ademais de asesoramento xurídico. Non deixa rastro no móbil.
🌐Acceso á web de igualdade da Xunta de Galicia.
Igualdade
A RAE define ‘igualdade’ como a ‘prohibición da discriminación; mandato constitucional que impide dar un trato diferenciado a aqueles que se atopan en situación de igualdade, empregando un criterio de diferenciación prohibido e buscando un resultado que menoscabe o exercicio do dereito’. Trátase, asimesmo, dun dos valores superiores do ordenamento (Constitución Española, art. 1.1) e dun dereito fundamental a non ser discriminado (Constitución Española, art. 14). Atópase igualmente recoñecido como mandato do Convenio Europeo dos Dereitos Humanos. A igualdade é, polo tanto, un valor común á Unión Europea e os seus Estados membros.
A igualdade social recoñece a igualdade ante a lei, a igualdade de oportunidades. É o contrario á desigualdade social, que implica desigualdade económica, escravitude, racismo, sociedades de castas e estamentos, así como calquera outro tipo de discriminación por motivos de xénero, etnia, relixión, idioma, orientación sexual, idade, discapacidade, ou calquera outra circunstancia persoal. A igualdade social é un valor fundamental para unha sociedade mellor, máis xusta e inclusiva, na que a comunidade educativa xoga un papel fundamental, a través da implementación de programas que fomenten a inclusión social e a non discriminación e levando a cabo actividades que conciencien da necesidade dos devanditos programas.
Como se establece na páxina web de igualdade da Xunta de Galicia, ‘a educación en igualdade é un estilo educativo, un proceso de transformación social que apunta a unha convivencia entre os sexos alonxada da opresión mutua e tendente a unha relación de xustiza e repecto en interés duncha formación integral e unha efectiva igualdade de oportunidades entre homes e mulleres’.
Aínda que a desigualdade entre homes e mulleres é un dos principais focos da desigualdade social no noso país na actualidade, non é o único. Existen numerosos exemplos de discriminación por outros motivos persoais contra os que a comunidade educativa ten o deber de loitar, e que, dende aquí, trataremos de facer visibles.
ACTUALIDADE
Torneo de baloncesto 3×3 CIFP Leixa – CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro
O venres 24 de marzo, coincidindo coa fin da 2ª avaliación, celebramos no Pavillón Polideportivo Javier Gómez Noya de Caranza, a final do torneo de baloncesto 3x3 que este curso enfrontou a equipos do noso centro con equipos do CIFP Leixa. Esta final foi precedida...
Actos co gallo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.
ARBUSTOS PLANTADOS EXPOSICIÓN DOS CARTEIS O venres 25 de novembro realizamos no noso centro os actos en repulsa da violencia de xénero e neste marco proxectamos nunha pantalla xigante,un vídeo cos carteis que se presentaron a concurso e mais outros que se atopan...
Actividades en colaboración coa ASCM e mais con ASPANAES
En días pasados deste mes de outubro, o Departamento de Actividades Físicas e Deportivas organizou dúas interesantes actividades en colaboración coa Asociación Sociocultural ASCM e con ASPANAES. No primeiro caso , a finalidade era facer ver ao alumnado do CS de...
Concurso de carteis co gallo do Día Internacional Contra a Violencia.
O Departamento de Información e Orientación Profesional asesorado polo Departamento de Comercio e Márketing, elaborou as bases para o concurso de carteis no que se pretende premiar os mellores deseños que sirvan para transmitir unha mensaxe clara de loita contra a...
Conmemoración do Día das Letras Galegas 2022
Dedicado nesta ocasión ao poeta valdeorrés exiliado en México Don Florencio Delgado Gurriarán Onte mércores 18 de maio á mañá tivo lugar no noso salón de actos a conmemoración do 17 de maio, Día das Letras Galegas, cun sinxelo acto onde primeiro entregamos os...
Galería de fotos da conmemoración do Día do libro
O pasado 23 de abril, día de San Xurxo, foi Día do Libro e conmemoramos a data coa proclamación dos vencedores na IX edición do noso concurso de microrrelatos. O premio entregaráselles no acto de conmemoración do Día das Letras Galegas dedicado ao valdeorrés...