A Universidade de Santiago de Compostela vén de recoñecer o pasado 12 de xuño de 2024 nun acto celebrado no Auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo, que Alessandra Pérez Rodríguez e Alejandro Tojeiro Fernández, ámbolos cursando o 2º curso do “CS de Ensinanza e Animación Sociodeportiva”, posúen uns dos mellores expedientes de formación profesional no curso 2023-2024, e que se presentaron ás ABAU obtendo unha nota de acceso á universidade de sobresaínte.
No acto, que estivo presidido polo reitor da USC e que contou coa presenza de diversas autoridades relacionadas coa formación profesional, o noso alumnado estivo acompañado pola Secretaria do centro, Eva Robles Freire.
Dende o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro queremos transmitirlles a gran satisfacción que os recoñecementos obtidos nos producen e tamén mandámoslles os nosos máis efusivos parabéns que queremos facer ademais extensivos ao equipo docente que os formou durante estes anos.
Estamos moi orgullosos deles.
Deseguido podedes ver algunhas fotos da xornada :