O pasado martes visitaron o centro os compañeiros da Universidade da Coruña para coñecer como se están a impartir as clases de AIM@VET. Este proxecto consiste no desenvolvemento e proba de contidos de Intelixencia Artificial para adaptar a formación profesional ao mundo laboral. Estes días, atopámonos a piques de comezar o tema 9 neste terceiro ano de proxecto.
Last Tuesday, we received the visit of our colleges from the University of A Coruña. They could follow up the lessons implementation of the AIM@VET Project. This project consists on the development and test of artificial intelligence contents in order to adapt VET to the labour market. Now, we are about to start teaching unit 9 this third year.
Deseguido podedes ver o traballo que realiza o alumnado na clase: // Right away you can the student’s work in class:
Tamén se fixo unha demostración do brazo robótico que se vai empregar na segunda avaliación, e concretáronnos as particularidades e os retos que tanto alumnado como profesorado se atoparán á hora de resolver as próximas leccións.
In addition, they demonstrate the functioning of the robotic arm that will be used in the second term. They also have specified the features of the arm and the challenges that students and teachers will face in the next teaching units.
Agradecemos esta visita tan enriquecedora. Agardamos verlos de novo polo centro.
Such an enriching visit is always appreciated. We hope to see them back.