O pasado curso académico (2022/23), profesorado do centro presentou un proxecto de innovación educativa ao abeiro dunha convocatoria de Política Lingüística para o Fomento da Lingua Galega nos Centros Educativos.
O profesorado participante pensou que sería interesante vencellar a cuestión de xénero coa da lingua, posto que ambas as dúas, en certa maneira, partillan problemas que acordaron merecían a atención. Decidiron que o colectivo destinatario do proxecto debía ser o alumnado de máis tenra idade, posto que nestes anos é cando comezan medrar os estereotipos vinculados co xénero e o idioma. Por outra banda, e respecto da forma, o conto resultou ser a forma máis acaída, tendo en conta o público destinatario.
Comezaron a traballar na preparación de historias para seren teatralizadas polo alumnado que forma parte do voluntariado da biblioteca, pertencente ó programa de Bibliotecas Escolares Solidarias. No camiño, tamén traballaron con outros centros como o IES Ricardo Carvalho Calero e, finalmente despois de moitas dificultades pero con moita ilusión, púidose facer realidade a execución final do proxecto, representando a “Carrapuchiña vermella” renovada ao alumnado de 1º de Primaria do CEIP de A Solaina.
Moitas foron as persoas traballaron neste proxecto, dende a elaboración e adaptación do guión, elaboración dos decorados, iluminación, son, caracterización, ensaios e escenificación, comunicación, edición de imaxe e difusión, coordinación, etc. ás que queremos agradecer a súa implicación e profesionalidade para que este proxecto puidera culminarse con gran éxito. Queremos tamén aproveitar a ocasión para facer un agradecemento especial a unha profesora do noso centro, que pese a non estar inicialmente neste proxecto, levou gran peso do mesmo baixo a dirección escénica da obra, Miriam García Calaza, sen a cal a execución da actividade non se tería realizado neste curso académico 2023/2024.
E velaquí van algunhas fotografías, o “making-of” e o resultado final do vídeo da obra “Carrapuchiña Vermella” que Racha cos Roles:










E a continuación pódese ver o vídeo da obra “Carrapuchiña Vermella”: