EDUEMPRENDE-Actúa xorde en resposta á importancia da cultura emprendedora no desenvolvemento persoal e profesional da xente nova para a mellora da competitividade e da empregabilidade.
É unha acción formativa dirixida ao alumnado de segundo curso para achegarlles a realidade emprendedora coa presenza activa de persoal técnico do IGAPE e de varios emprendedores.
O obxetivo é afianzar o espíritu emprendedor a partir de aptitudes como a creatividade, a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico.
Ademais de una técnica do IGAPE, acompañarannos tres emprendedores:
– Luis González Rey, xerente de Error Ferrol (empresa de informática)
– Santiago González Fernández, socio de STGO (empresa de arquitectura, deseño e marketing)
– Raúl Lomba, socio de Waves (empresa de complementos e roupa)
– Sonia Díaz, deseñadora gráfica e web en Worpress
Programa:
Apertura da conexión por Webex e acceso ó Salón de actos (entrada presencial previa invitación e inscripción) de 10.40 a 11.00 h.
11:00 Presentación do evento
11:05 Conferencia do IGAPE pola técnica Verónica Rodríguez Ruzzo.
11:15 Intervención dos emprendedores convidados.
12:10 Coloquio e tempo para dúbidas e preguntas.
12:30 Clausura do evento.
A inscripción é obrigatoria, tanto para alumnado como para profesorado. Necesitamos recopilar datos da audiencia e isto permítenos xestionar mellor a producción do evento.
Incríbete aquí (socio tecnolóxico Weezevent)
Para o acceso en modo presencial ó Salón de actos (aforo limitado a 40 prazas) por favor informade do voso interese á responsable da Coordinación de Emprendemento, Elena Anca: eanca@edu.xunta.gal
Todas as tarefas de planificación e execución desta actividade forman parte do aprendizaxe dos alumnos de 2º curso do CS de Guías, asistencia e información turística dentro do módulo de Protocolo e relacións públicas.