A Concellería de Turismo do Concello de Narón convoca o X Concurso de Fotografía “Cidade de Narón”

As fotografías presentadas deberán mostrar a riqueza de Narón, tanto en patrimonio monumental e arqueolóxico como en espazos naturais de interese, de lecer, culturais, tecnolóxicos ou festas populares. É obrigatorio que o lugar ou entorno sexa do Concello de Narón e como tal sexa recoñecible.
Cada concursante poderá presentar un máximo de 3 fotografías en cor ou branco e negro coas seguintes características:
– O soporte será obrigatoriamente dixital. As fotografías deberán ter unha resolución mínima de 1024 x 768 px., e os formatos admitidos serán JPG, TIFF e PNG.
– Cada fotografía debe levar un título como nome de arquivo.
– Quedarán excluídas as fotografías con calquera retoque ou alteración manual ou dixital.
– Poderán opcionalmente presentarse en formato papel, cun tamaño mínimo de 20 x 25 cm. e máximo de 30 x 45 cm. Isto non exime da obrigatoriedade de presentar as fotografías en soporte dixital.

Premios:
1º premio 750 €
2º premio 300 €
3º premio 150 €

O lugar de presentación será o rexistro da Casa do Concello (Praza de Galicia, s/n, CP 15570, Narón), entre as 8.30 horas do día 16/09/2019 ata as 13.00 horas do 27/09/2019.
Máis información no BOP da Coruña do 23 de maio de 2019 e en http://www.naron.es/es/