O Instituto da Xuventude (INJUVE) e o Ministerio de Ciencia convocan os premios do XXXI Certame “Jóvenes Investigadores” para 2019, dirixido a estudantes de ESO, Bacharelato e Formación Profesional.

Búscase premiar traballos de investigación básica, aplicada, “de fronteira”, ou de deseño de prototipos, relacionados con calquera das áreas do currículo da ESO, o Bacharelato e a Formación Profesional.

A finalidade é espertar vocacións investigadoras entre a mocidade estudante, mellorar a cultura científica e fomentar a actitude racional crítica na mocidade do noso país, incorporando polo menos unha parte da experiencia directa no proceso de xeración do coñecemento.

Requisitos:
– Estudantes de ESO, Bacharelato e Formación Profesional que estean matriculados durante o curso 2018-2019 en centros docentes españois. Tamén poderán participar quen, cumprindo cos requisitos da idade, estean matriculados en 2º de Bacharelato durante o curso 2017-2018.
– Os participantes deben ter nacionalidade española ou residencia legal en España, cumprir 15 anos antes do 31 de decembro de 2018 e non ter 21 anos ao 30 de setembro de 2019. Poderá ampliarse a idade, no caso de que os participantes sexan persoas con discapacidade, sempre que cumpran o resto de requisitos.

Premios:
– Premio especial “Jóvenes Investigadores”, dotado con 5.000 euros
– Seis primeiros premios, de 4.000 euros cada un a cada un aos mellores traballos nas distintas áreas de coñecemento
– Dez segundos premios, de 3.000 euros cada un a cada un aos mellores traballos nas distintas áreas de coñecemento
– Dez terceiros premios, de 2.000 euros cada un a cada un aos mellores traballos nas distintas áreas de coñecemento
– Dez accésit, de 1.000 euros cada un a cada un aos mellores traballos nas distintas áreas de coñecemento
– Sete premios aos titores de 2.000 euros cada un, para os traballos galardoados cos primeiros premios e o premio especial.
– Tres premios aos autores de tres traballos, para que representen a España como participantes no Certame Europeo de “Jóvenes Investigadores” (EUCYS) que se celebrará no ano 2019
– Un premio especial dotado pola Universidade Politécnica de Madrid con 3.000 euros
– Un premio especial dotado pola Universidade de Málaga de 3.000 euros
– Un premio especial Fundación ONCE, dotado con 1.500 euros.

Estancias, estes premios son acumulables aos do apartado anterior:
– Un premio especial Alan Turing, dotado pola Sociedade Científica Informática de España e a Conferencia de Decanos e Directores de Enxeñería Informática de España, consistente nunha estancia cun grupo de investigación
– Un premio especial Real Sociedade Española de Física para o mellor traballo de investigación realizado nas áreas relacionadas coa Física, consistente nunha estancia de perfeccionamento nesa área dunha semana de duración cun grupo de investigación en Madrid.
– Ata un máximo de oito premios, dotados polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), para realizar unha estancia dun máximo de dúas semanas de duración nun dos seus centros de investigación.
– Catro estancias no  High School Students Internship Programme (HSSIP), de dúas semanas de duración, nun centro de investigación do Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN), en Xenebra (Suíza). Estas estancias están financiadas integramente polo  CERN.

Mencións de Honra:– Unha Mención de Honra ao profesor/a coordinador/a cuxa labor de fomento e impulso da investigación entre a mocidade fose apreciada como especialmente destacable polo xurado
– Unha Mención de Honra ao centro docente ou asociación cuxa labor fose apreciada como especialmente destacable en aras do fomento da cultura científica, tecnolóxica e investigadora no ámbito da mocidade.
– Unha Mención de Honra, á persoa ou institución que, a xuízo do Xurado, destacase nos labores de fomento da cultura científica, tecnolóxica e investigadora no ámbito da mocidade.

prazo para a presentación será ata o 2 de maio de 2019.
As solicitudes poderanse cumprir mediante o formulario de inscrición da web do Ministerio de Educación

Máis información no BOE do 8 de abril de 2019 e en 
http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/premios/no-universitarios/certamen-jovenes-investigadores.html