A Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao ofrece unha oportunidade laboral para as persoas que titularon no Ciclo Superior de Asistencia á dirección ou Ciclo Superior de Administración e finanzas.
No DOG do 6 de maio de 2021 acaba de publicarse o concurso-oposición, para un posto de Asistente de Dirección nesta entidade.
Os candidatos deben cumprir cos requisitos que se establecen no punto 3 das bases da convocatoria, que son, entre outros:
- Nacionalidade.
- Ter máis de 16 anos e ata a idade máxima de xubilación ordinaria.
- Posuír titulación de Diplomatura, Enxenería técnica ou Formación Profesional de Grao Superior ou equivalente.
- Outros.
As solicitudes deben presentarse na sede electrónica da Autoridade Portuaria, achegando a documentación requerida nas bases da convocatoria. O prazo de presentación será de 20 días naturais a contar dende hoxe.
O proceso consta de dúas fases, de oposición e concurso de méritos. Na primeira fase os candidatos deben realizar unha proba teórica tipo test, unha proba escrita e oral en inglés (nivel B2), unha proba práctica e unha entrevista persoal.
Consulta as bases na seguinte ligazón.