A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4.
Persoas destinatarias:
As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.
Datas: As probas terán lugar no mes de xuño de 2019.
Lugares: As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.
Os formularios de solicitude, segundo o modelo PL500C, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 25 de abril de 2019
Máis información no DOG do 25 de marzo de 2019 e en www.lingua.gal