Infórmase da publicación dunha convocatoria de axudas dirixidas ao alumnado interesado en presentarse a unha proba de certificación en lingua estranxeira. O obxectivo principal destas probas é acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado, nos niveis de competencia B1, B2 ou C1. As características principais desta convocatoria son as seguintes:
- No caso deste centro educativo, esta convocatoria é para alumnado que no vindeiro curso 2021-2022 estea matriculado en 2º curso dun ciclo en réxime ordinario.
- A proba a realizar terá que ser unha das recollidas no anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 (DOG 07/07/2016) e realizarase, preferentemente durante o 1º trimestre do curso 2021-2022. Cada alumno ou alumna poderá matricularse nunha única proba. Ao final desta noticia hai 2 enlaces cunha breve información sobre algunha das posibles probas de inglés e francés:
- O custo outorgado a cada centro por proba e alumno/a de acreditación en lingua estranxeira será de 100€.
- O profesorado de idiomas do centro orientará ao alumnado que o solicite sobre a natureza e características das distintas probas.
O alumnado interesado e que cumpra o requisito de que vaia estar matriculado en 2º curso de réxime ordinario no vindeiro curso 2021-2022, deberá cumprimentar o documento de compromiso individual de participación no que indicará os seus datos, idioma da proba e nivel da mesma. Unha vez cumprimentado e asinado, deberá ser entregado en Dirección, con prazo límite o vindeiro martes, 29 de xuño de 2021, en horario de mañá. Este alumnado será informado no centro sobre as probas ao comezo do vindeiro curso 2021-2022.
Breve información sobre as probas en lingua inglesa
Breve información sobre as probas en lingua francesa
Documento de compromiso (entregar en Dirección con data límite o 29 de xuño de 2021 en horario de mañá)