Publicada a Orde do 8 de xaneiro de 2019 pola que se convocan probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2019.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 28 de xaneiro e o 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos. A inscrición poderá facerse en calquera Centro educativo público da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparta ciclos formativos de formación profesional, agás no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro.

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 7 e 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.

Máis información:

http://www.edu.xunta.es/fp/probas-acceso-ciclos-grao-medio-superior-orde-convocatoria-2019