O alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de Proxectos de Edificación presentou os seus proxectos finais. Este ano o traballo proposto foi moi significativo pois trátase da reforma da biblioteca do noso centro.
Nas últimas semanas os estudantes traballaron para deseñar propostas innovadoras e funcionais que transformarán a biblioteca nun espazo moderno, accesible e acolledor para todos os usuarios.
Tamén aplicaron os coñecementos adquiridos nas diferentes materias ao longo destes dous cursos para desenvolver toda a documentación esixida polo proxecto.
Para complementar a presentación destes traballos finais o alumnado preparou unha serie de vídeos que mostran como quedará o proxecto unha vez finalizado. Estes vídeos ofrecen un percorrido virtual pola nova biblioteca, destacando as áreas de estudo, as zonas de lectura, os espazos multimedia e outras innovacións incorporadas no deseño.
Pulsa sobre a imaxe para ver o vídeo: