Esta semana recopilamos os seguintes premios e concursos:
Xela Arias. Letras galegas 2021: a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para realizar unha exposición sobre a época, obra e lingua desta autora, ou sobre a situación sociolingüística no momento en que ela vivíu.
Poderán participar os centros docentes de ensino público galegos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Hai dúas modalidades e o centro gañador en cada categoría recibirá un premio en metálico.
Para participar, os traballos enviaranse coas solicitudes por medios electrónicos a través de solicitude xenérica PR004A, ata o día 1 de marzo de 2021.
Podes consultar máis información sobre Xela Arias, a autora homenaxeada nas Letras galegas 2021 e sobre este concurso.
Concurso de Historia para a xente nova EUSTORY – XIV convocatoria, co tema “Traballo e crise”.
Poderá participar o alumnado nado ou residente español que estude 4º de ESO, Bacharelato ou un ciclo de FP. Deberán presentar os seus proxectos ata o 19 de agosto de 2021.
Este concurso pretende afondar na historia que relacione o traballo e a crise na túa contorna, e como isto afecta ás persoas, comunidade, aos sectores económicos,… Os traballos serán en formato libre e poden realizarse de xeito individual ou en grupo.
Se te animas a participar, consulta toda a información na páxina do concurso ou nas bases en PDF.