O alumnado do Ciclo Superior de Proxectos de Edificación aprende a realizar levantamentos e implantacións topográficas durante o seu primeiro curso.
Tras comprender os principais conceptos topográficos chega o momento de poñelos en práctica durante o traballo de campo.
Comezaron realizando a medición planimétrica dunha parcela coa axuda dunha simple cinta métrica.
Xa no ecuador do curso manexan un instrumento óptico-mecánico como é o nivel.
O nivel óptico permítelles realizar traballos de altimetría ao calcular o desnivel existente entre os diferentes puntos dunha parcela con gran precisión.
Con el tamén simularán unha radiación planimétrica grazas á lectura do ángulo horizontal de cada punto e ao cálculo indirecto da súa distancias aplicando o método da estadía.
Combinando estes datos coa cota á que se atopa cada punto representarán gráficamente as dimensións da parcela en software CAD.
Nunhas semanas chegará o momento de utilizar a estación total electrónica para elaborar o modelo dixital do terreo co software Civil 3D.