
Tras adquirir uns coñecementos teóricos previos sobre a representación de terreos e o manexo de instrumental topográfico, o alumnado de primeiro curso do Ciclo Superior de Proxectos de Edificación finalizou as súas prácticas de campo co nivel óptico.
Agora damos paso ao uso da estación total, comezando coa práctica da súa posta en estación para, nuns días, tomar medidas angulares e de distancias, procesar os datos e obter o modelo dixital do terreo no software Civil 3D.
O día case primaveral fixo que a práctica fose aínda máis amena e, tras os momentos de aprendizaxe compartida, a xornada concluíu cunha gran selfie do grupo xunto aos seus profesores.

Este curso chega cargado de novidades, xa que tamén practicaremos co manexo de receptor GNSS e a xeración de nubes de puntos a través do escáner Lidar con iPad Pro.