Cando nos enfrontamos á planificación dun proceso podemos abordalo desde dous enfoques diferentes:
- ????: As tarefas “empúxanse” unhas ás outras seguindo ordes de traballo que circulan augas abaixo (desde o inicio ata o final do proceso).
- ????: As esixencias dunha tarefa fan que esta “tire” dos seus precedentes augas arriba co fin de detectar e evitar as posibles restricións.
A planificación ????, resulta adecuada para producións que seguen procesos estables e predicibles.
A pesar de que na construción enfrontámonos a numerosas incertezas, podemos aplicar este sistema para obter unha planificación xeral da obra. Con todo, dita planificación deberá considerarse como unha “liña base” que estará en permanente revisión para axustala á realidade da obra en cada momento.
É nestas revisións periódicas cando a planificación ???? resulta adecuada. Mediante reunións trimestrais, semanais ou mesmo diarias (en función da envergadura da obra) todos os axentes que interveñen no proceso traballarán dun modo colaborativo para liberar as restricións que impiden que flúan as distintas actividades.
Durante o mes de decembro os alumnos do CS Proxectos de Edificación realizaron unha planificación ???? baseándose no orzamento dunha vivenda unifamiliar e que quedou reflectida nun diagrama de barras Gantt.
Tamén planificaron a reforma dun local simulando as reunións ????. A cada alumno asignóuselle un rol para representar nun traballo colaborativo que, partindo desde a última actividade, debía enlazarse cos seus precedentes para identificar as restricións que impedían avanzar no seu desenvolvemento e así sucesivamente ata chegar ao comezo da obra.
Para iso empregáronse tarxetas adhesivas (cunha cor asignada a cada subcontrata ou oficio) que se foron dispoñendo a modo de cronograma ata lograr a orde óptima para a execución desta reforma.