Hoxe partiron cara a Madrid a profesora Patricia Grueiro Cercido xunto coa alumna Lidia López Pérez para realizar unha demostración dentro da especialidade de Industria 4.0, no campionato nacional de Formación Profesional SpaninsKills 2022.
A delegación galega presenta a 29 competidores que participan en 27 skills ademais de ter representación en tres modalidades de exhibición. É aquí onde se encadra a participación da nosa delegación á que lle desexamos que goce dunha interesante e agradable experiencia.
Podes ter máis información nesta ligazón.
Chegáronos as primeiras fotos onde vemos ás nosas representantes canda outros membros da delegación galega. Velaí van:


