Datos do ciclo

Familia: Actividades físicas e deportivas.
Sistema educativo: LOE.
Grao: Superior
Horas: 2000
Código: CSAFD01

Título que se obtén

Técnico superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva

Saídas profesionais

Este técnico exercerá a súa actividade en:

  • Empresas de servizos deportivos.
  • Padroados de deportes ou entidades deportivas municipais.
  • Clubes ou asociacións deportivas.
  • Clubes ou asociacións de carácter social.
  • Empresas turísticas: hoteis, cámpings, balnearios, etc.
  • Grandes empresas con servizos deportivos para os seus traballadores.
  • Centros xeriátricos ou de carácter social.
  • Federacións deportivas.
  • Organismos públicos de deportes (deputacións, direccións xerais de deportes, etc.).

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Promotor de actividades físico-deportivas.
  • Animador de actividades físico-deportivas.
  • Coordinador de actividades polideportivas.
  • Monitor de actividades físico-deportivas recreativas individuais, de equipo e con implementos.

Plan de estudos

Primeiro curso (Implantación no curso académico 2018-19)

 Módulos  Horas
MP1141. Actividades físicodeportivas de implementos  160
MP1139. Actividades físicodeportivas individuais  186
MP1145. Formación e orientación laboral  107
MP1143. Metodoloxía do ensino de actividades físicodeportivas  107
MP1136. Valoración da ocndición física e intervención en accidentes  240
MP1138. Xogos e actividades físicorecreativas e de animación turística  160

Segundo curso (No curso académico 2018-19 corresponde co segundo curso do antigo CS Animación de actividades físicas e deportivas)

 Módulos  Horas
 Actividades físicas para persoas con discapacidades  55
 Actividades físico-deportivas de equipo  255
 Formación e orientación laboral  55
Organización e xestión dunha pequena empresa de actividades de tempo libre e socioeducativas  110
 Primeiros auxilios e socorrismo acuático  110
 Formación en centros de traballo  380
 Proxecto integrado  75

Idioma

As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán.

Máis Información